Alguén pronuncia o teu nome ao lonxe. Aínda non sabes por que.

Terror psicolóxico Feito na Galiza Unreal Engine 5
Baixar
O espertar

Un lugar que o mundo deixou de nomear

Anxo chegou aquí seguindo a seu pai. Non recorda canto tempo durmiu. Só que ao abrir os ollos, un baleiro morno se apoderara da metade do seu corpo, e xa non respondía.

As paredes respiran humidade. A hedra entrou polas fiestras. Ninguén contesta. E cando cae a noite, algo reza moi lonxe, nun idioma que Anxo comprende sen querer.

Anxo na súa cadeira de rodas nun corredor do hospital
Anxo · protagonista
Hai cousas que só se ven cando xa estás a medio camiño do outro lado.
·
A procesión da Santa Compaña avanzando cun cruceiro e velas

A procesión

Chega coa noite, entre néboa e cera. Non corre; non fai falta. Din os vellos que quen a mira de fronte, pasa a camiñar con ela. Só o xiz no chan e a humildade da terra poden facer que siga o seu camiño sen ti.

Piares do xogo
I

O corpo que che queda

Unha cadeira, dúas mans e o chan frío. Aprende a moverte de novo, a arrastrarte cando non hai outra, a decidir a onde chegas e a onde xa non.

II

O que non se di

Ninguén che explicará nada. A verdade agóchase nas paredes, nos obxectos, nas voces que veñen de arriba. O resto, ponno ti.

III

Feito na Galiza

A nosa terra, a nosa noite, a nosa lingua. Un mundo erguido sobre historias que se contan aquí desde hai séculos.

Patio interior do hospital sobre un castro antigo, con illas de terra flotando

Algo máis antigo baixo o formigón

Alguén levantou estas paredes sobre pedra vella e auga durmida. O que había debaixo nunca marchou. Só agardaba.

O bestiario

Algunhas teñen dentes. Outras, só un nome que é mellor non escoitar.

Algo que medra nos recunchos húmidos do hospital
Criaturas da terra

Algo medra nos recunchos húmidos deste lugar. Séguenche o rastro do sangue e do ruído. Canto máis baixo esteas, máis preto están da túa cara.

Unha figura encapuchada observa a Anxo dende o alto dun corredor
O que observa

Ás veces, no alto dun corredor, hai alguén que non se move. Só mira. E cando deixas de velo, xa é tarde para preguntarse onde foi.

Unha muller lava unha prenda ensanguentada nun sotano asolagado baixo a lúa

A Lavandeira

Alá abaixo, onde a auga o cobre todo, alguén lava sen descanso unha prenda que xuraría que é súa. Non te achegues a escoitar o que canta: quen o fai, xa sabe o día no que a atopará seca.

Un asentamento de superviventes construíndo muros nun tellado galego baixo a chuvia

Fóra, a calma que engana

Ao saír, o mundo parece por fin en paz. Non o está. E ao lonxe, entre a chuvia, alguén ergue muros contra algo que aínda non ten nome.

Que atoparás

A noite chega para todos

Mentres hai luz, buscas e reúnes. Cando cae, agóchate. Aprenderás a temer o momento en que o ceo escurece.

O xiz e a súa raia

Un recurso que se gasta. Traza o círculo cando xa non hai tempo, ou marca as paredes para lembrar por onde xa pasaches.

A túa cadeira, o teu enxeño

Repárala, engrásaa, modifícaa. Rodamentos, freos, luz. Cada peza que atopes cambia o que podes facer e a onde podes chegar.

O son delata

Unha roda mal coidada chía. E o chío escóitase máis lonxe do que pensas. Aquí, o silencio mantente vivo.

As voces de arriba

Veñen das reixas, dos ocos, das paredes. Nunca lles ves a cara. Falan de todo sen nomear nada.

Máis alá da historia

Modos á parte para volver unha e outra vez: ciclos sen fin, retos coa cadeira e novas formas de poñerte a proba.

O estado do proxecto

Estadea está en pleno desenvolvemento por un só creador, feito en Galicia, en galego.

Fase I
Prototipo · agora
Fase II
Vertical slice
Fase III
Demo pública
Fase IV
Lanzamento

Segue o descenso

O desenvolvemento cóntase en aberto. Arte, folclore e progreso, paso a paso.

Seguir en Steam Contacto